Descripción o resumen: "Dúas vidas que se cruzan de madrugada a través das redes. Axiña darán o seguinte paso: unha cita ás cegas. Con todo, atoparse cun descoñecido sempre ten os seus riscos. Porque todos ocultamos segredos… Un cadáver. O corpo dun rapaz, desfigurado pola violencia da caída. Unha vida nova arruinada para sempre, unha morte que suscita máis preguntas ca respostas."